InicioSucesosHospitalizado un menor atropelado fronte ao Ánxel Fole

Hospitalizado un menor atropelado fronte ao Ánxel Fole

Un turismo golpeou o menor na Rúa das Fontes, a carón do IES Ánxel Fole, onde recibiu os primeiros coidados antes de ser trasladado contra as seis da tarde

PUBLICADA O

- Advertisement -

As urxencias sanitarias evacuaron na tarde do martes a un menor atropelado na Rúa das Fontes de Lugo, fronte ao instituto Ánxel Fole, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

O cativo recibiu os primeiros coidados no lugar do accidente, producido contra as seis da tarde. Despois foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). O seu estado non trascendeu.

A alerta sobre o suceso chegou por parte dun veciño, que alertou ao 112 Galicia para pedir axuda urxente para o menor, golpeado por un turismo nun cruce moi transitado, xusto diante do IES Ánxel Fole.

Os profesionais do 061 foron coordinados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), que xa tiñan coñecemento do suceso e enviaran varios medios. Ademais, contaron coa colaboración de axentes da Policía Local, alertados tamén polo 112 Galicia.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...