InicioSociedadeLara Méndez entrega os 'Civitas Honoris' a persoas que "axudaron a situar...

Lara Méndez entrega os ‘Civitas Honoris’ a persoas que “axudaron a situar Lugo no mapa da recreación histórica”

Lara Méndez, destacou que a festa se atopa nunha etapa "moi ilusionante" porque quere alcanzar o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregou este sábado os ‘Civitas Honoris’ a catro persoas que “axudaron a situar Lugo no mapa nacional e internacional da recreación histórica“, así como pola súa “promoción, implicación, colaboración e posta en valor” da capital lucense e do seu pasado romano a través do Arde Lucus.

En concreto, os galardoados nesta edición foron o grafitero Diego As pola “promoción que fai da cidade a través das súas obras en todo o mundo”; o arqueólogo da Deputación de Lugo, Enrique Alcorta, en recoñecemento a “a colaboración que brinda a todas as asociacións de recreación histórica”; a presidenta da Federación de Anpas de Lugo, Isabel Calvete, pola súa “implicación, participación e divulgación do Arde Lucus nos centros educativos”; e o presidente da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, Antonio Madrid, “por ser un embaixador” desta festa de recreación histórica.

No seu discurso, Lara Méndez, destacou que a festa se atopa nunha etapa “moi ilusionante” porque quere alcanzar o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional. Por iso, agradeceu aos premiados a súa “axuda para situar a Lugo no mapa nacional e internacional da recreación histórica”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...