InicioSociedadeLara Méndez confía en que a praia fluvial estará operativa "en pouco...

Lara Méndez confía en que a praia fluvial estará operativa “en pouco tempo”

Constará de varios pantaláns e tamén catro piscinas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este xoves que nun “breve período de tempo” estará operativa a praia fluvial da cidade no río Miño, fronte ao Pazo Universitario, na marxe dereita da N-V.

Asi avanzouno en declaracións que realizaba á prensa precisamente nese emprazamento, durante a presentación do proxecto co delegado do Goberno, José Miñones, dunha rotonda nesa mesma estrada.

Méndez quixo deixar claro que nun “breve período de tempo” podería estar dita praia fluvial que “contempla a vexetación” que se ve na zona. “Había unha anterior localización, que era na contorna das Saamasas, á beira dos Carballos, e non puido ser. Pero este emprazamento ten todos os permisos das distintas administracións pola complexidade do expediente”, explicou a rexedora.

Constará de varios pantaláns e tamén catro piscinas, obras que a alcaldesa confía estean concluídas nun pequeno período de tempo. “En cuestión de días e de semanas, unha vez finalizado, a praia fluvial será unha realidade e así atendemos outra demanda social” da cidade, concluíu Méndez.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...