InicioPolíticaA Deputación de Lugo pide que a Xunta estenda o servizo 'Porta...

A Deputación de Lugo pide que a Xunta estenda o servizo ‘Porta a Porta’ a toda a veciñanza

Saíu adiante a moción cos votos do goberno provincial formado por PSOE e BNG e a oposición do PP.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo sacou este martes adiante unha moción, cos votos do goberno provincial formado por PSOE e BNG e a oposición do PP, para que a Xunta de Galicia estenda o servizo ‘Coidados porta a porta’ a toda a veciñanza do rural da provincia.

Neste pleno primou o voto de calidade da vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, que supliu a ausencia do presidente da institución provincial, o socialista José Tomé. Ferreiro, antes da sesión plenaria, denunciou que este servizo é “unha tapadeira máis do Partido Popular para non facer fronte ao que están a facer que é o desmantelamento do servizo público de saúde”.

“Isto non elimina a necesidade de que haxa un aumento de médicos, de profesionais nas consultas e ao mesmo tempo se sigan pechando plantas do hospital cando os ingresados teñen que estar nos corredores habendo un hospital perfectamente equipado e prefiren facer eses tapadeiras para desviar a atención da falta de profesionais e de medios na sanidade pública”, condenou.

Pola súa banda, a portavoz socialista, Pilar García Porto, defendeu esta moción do seu grupo e censurou que dito servizo “que acaba de pór en marcha a Xunta, se trata dun servizo oportunista cun marcado carácter electoralista que se ve na duración do mesmo dado que serán uns meses os que vai estar en marcha e, ademais, cuns prezos que non responden á prestación do servizo nas mellores condicións”.

“Porque falamos de que cada un deses autobuses que a Xunta pon en marcha polo territorio custa 9.000 euros á semana”, criticou. “O que pedimos que eses servizos se estendan ao longo do tempo e sexa con carácter permanente”, propuxo.

Por parte do Partido Popular, o seu portavoz, Javier Castiñeira, adiantaba o voto negativo do seu grupo a esta moción e xustificouno porque se presenta “por unhas criticas basicamente da alcaldesa de Trabada (a socialista Mayra García) porque a xente está contentísima e é un servizo que se dá porta a porta a todos os lugares por igual e sen excepción ningunha”.

Finalmente saíu adiante a moción polo peso do voto de calidade de quen exercía como presidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, dado que o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, segundo García Porto, “se atopa en Madrid facendo xestións institucionais e traballando por esta provincia”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...