InicioPolíticaJosé Tomé reivindica en Moncloa o seu modelo de residencias "100% público"

José Tomé reivindica en Moncloa o seu modelo de residencias “100% público”

"O noso único obxectivo é ofrecer os mellores coidados aos maiores. Aquí non existe, nin se busca, ningunha rendibilidade económica, só social. As nosas residencias son fogares", expresou o presidente da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres en Moncloa no acto de presentación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) de Economía Social e dos Coidados, desde onde reivindicou o modelo de residencias “100% públicas” do ente provincial.

Segundo destacou a Deputación nun comunicado, o presidente lucense foi o único representante dunha institución provincial en España, convidado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “por ser un referente na atención ás persoas maiores”.

Así, José Tomé puido coñecer de primeira man as claves do Perte específico para desenvolver os sectores vinculados ao coidado das persoas e manifestou a súa “gran satisfacción” porque o Goberno central “poña a mirada no modelo asistencial da Deputación”, como unha estratexia de “impulso da economía social e dos coidados, que é innovadora” e coa que, engadiu, se demostran “moi bos resultados e que pode ser útil para outros territorios”.

Ademais, Tomé puxo en valor que, “en sintonía co Perte” presentado este venres, o modelo de xestión provincial é “100% público”. “O noso único obxectivo é ofrecer os mellores coidados aos maiores. Aquí non existe, nin se busca, ningunha rendibilidade económica, só social. As nosas residencias son fogares, onde os maiores forman novas familias”, expresou.

Pedro Sánchez avanzou que o Perte de Economía Social e dos Coidados, que está previsto que se aprobe o vindeiro martes no Consello de Ministros, mobilizará sobre 800 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...