InicioLugo e contornaLugoO grafiteiro Diego As ultima un novo mural en Lugo

O grafiteiro Diego As ultima un novo mural en Lugo

Busca retratar "o lado máis humano" da Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Diego Anido Seijas, coñecido artisticamente como Diego As, está a piques de concluír un mural na comandancia da Garda Civil de Lugo, na Praza de Bretaña, coa imaxe dun garda aferrado a un neno.

O artista que realizou o grafiti de Julio César na rolda da muralla de Lugo, que finalmente foi premiado como o mellor mural do mundo, vai concluír o traballo que lle encargou a propia Garda Civil e confía en que leste mesmo luns, “pintando tres horiñas”, finalice a imaxe.

Diego As puntualizou que o significado o deixa “a xuízo do espectador; que pense o que queira pensar, que poden ser infinidade de cousas”. “Eu non quedo con ningunha en concreto, non quixen representar nada en particular”, advertiu. En todo caso, o artista urbano lucense si que quixo destacar o “labor humanitario da Garda Civil”, evitando outras etiquetas que, ao seu xuízo, non cre que se deban de producir.

14 METROS DE ALTURA

Diego As volveu a incidir en que “cada un que saque as súas conclusións do mural”, que mide uns 14 metros de altura e que se atopa na mesma entrada da Comandancia lucense. Así mesmo, insistiu no “gran labor humanitario” do Instituto Armado, aínda que repetiu que o “deixa á interpretación de cada un e cada un dirá unha cousa” sobre o mural.

“Non quería facer algo específico, aquí fixen o que adoito facer sempre e é que esteticamente sexa bonito e teña impacto”, concluíu o grafitero lucense. Desde que finalizou o debuxo do emperador Julio César, a Diego As non lle faltou traballo para outros debuxos xa non só na cidade de Lugo, senón tamén en Monterroso e noutros concellos da provincia.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...