InicioSociedadeUn grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo chega a Compostela...

Un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo chega a Compostela tras completar o Camiño de Santiago

Explican que no que vai de maio chegaron a Santiago máis de 15.000 peregrinos, "cunha media dun milleiro de camiñantes ao día, e que desd xaneiro seláronse máis de 60.000, unha cifra marca".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu este sábado na Praza do Obradoiro a un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo, que realizan desde principios de ano o Camiño de Santiago por etapas.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, no recibimento tamén participou o bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco.

Castro destacou a recuperación das peregrinacións en grupos nos últimos meses, “o que demostra a importancia do reforzo de Galicia como destino seguro, tal e como acreditan as cifras de Compostelas entregadas no que vai de ano”.

Explican que no que vai de maio chegaron a Santiago máis de 15.000 peregrinos, “cunha media dun milleiro de camiñantes ao día, e que desd xaneiro seláronse máis de 60.000, unha cifra marca”.

“En 2021 xa se superaron todas as expectativas no Camiño de Santiago coa entrega de case 180.000 Compostelas fronte ás 140.000 previstas”, lembran.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...