InicioSociedadeA Deputación saca a licitación o contrato para o servizo de...

A Deputación saca a licitación o contrato para o servizo de valoracións de bens e dereitos

Trátase dun "servizo de practicamente asistencia" para este tipo de cuestións. A licitación do contrato, para valorar estes bens e dereitos é de 43.560 euros, cun prazo dun ano con opción de prorroga por tres máis".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou a liticación para o servizo de valoracións de bens e dereitos da deputación.

Así se sustanciarán “aqueles asuntos que sexan obxecto de diferente procedementos que se desenvolvan nos servizos de patrimonio, xestión tributaria, recadación e na inspección da Deputación”.

Neste sentido, explicou que se trata de que un servizo para, cando hai unha alteración na cualificación xurídica, por exemplo, ou cando se fai unha adquisición dun título ou un desafiuzamento administrativo.

En definitiva, trátase dun “servizo de practicamente asistencia” para este tipo de cuestións. A licitación do contrato, para valorar estes bens e dereitos é de 43.560 euros, cun prazo dun ano con opción de prorroga por tres máis”.

Ademais na xunta de goberno aprobouse a redacción de modificación no proxecto de obras de mellora da deputación na estrada provincial LU-P-4304, que é a que une A Pobra de San Xillao (Láncara) co Páramo e un tramo antigo da LU-P-2904.

Unha vez que “comezaron estas obras que están en execución detectáronse problemas nos tubos que se instalaron, e debido a esta situación sobrevinda é necesario actuar para mellorar esa rede de abastecemento de augas e a rede de pluviais, e por iso antes de realizar as beirarrúas fanse actuacións para mellorar estes tubajes e dar un mellor servizo”.

“Esta modificación que se fai ao proxecto ten un custo estimado de ao redor de 60 mil euros, polo que en total a Deputación pasa a investir no conxunto destas obras 355 mil euros”, resumiu finalmente Pilar García Porto.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...