InicioLugo e contornaLugoLugo súmase á visibilización da fibromialxa tinguindo de morado o consistorio

Lugo súmase á visibilización da fibromialxa tinguindo de morado o consistorio

Trátase dunha patoloxía que afecta a mulleres no 95% dos casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo súmase á visiblización da fibromialxia, unha enfermidade con acento no sexo, xa que o 95% dos pacientes son mulleres. Así o apuntaron as concelleirías de Muller e Igualdade e Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores suman forzas para visibilizar a fibromialxia, coincidindo co día mundial desta doenza.

Para sacar ás rúas a problemática, o executivo de Lara Méndez xa anunciou que iluminará na noite do xoves ao venres a fachada da Casa Consistorial e a pasarela Tanxurela de cor morada con motivo da efeméride. Esta homenaxe en prol da visibilización será complementada coa charla-coloquio “Convivindo coa fibromialxia”, a cargo do Dr. Carlos García Porrúa, médico reumatólogo, encontro que lugar o xoves, 19 de maio, a partir das 20.00 horas no salón de actos do centro de convivencia Uxío Novoneyra.

A entrada, apuntan dende o consistorio, é libre ata completar aforo. García Porrúa exerceu como especialista en reumatoloxía no Hula, onde compaxinaba a súa actividade clínica coa investigadora e asumiu hai dous anos o posto de director médico no hospital Polusa.

Silvia Alonso e Olga López realizaron un chamamento á veciñanza para que participe nesta xornada para dar visibilidade ao colectivo que padece esta enfermidade, recoñecida como tal pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1992, e que aínda hoxe en día é unha gran descoñecida para moitas persoas.

Do mesmo xeito, quixeron reivindicar a fortaleza das mulleres afectadas, que loitan por realizar a súa actividade diaria de forma normalizada a pesar de ter unha doenza que abrangue as esferas social, biolóxica e psicolóxica. Ansiedade, perda de memoria e concentración ou alteracións do sono son algúns dos síntomas desta enfermidade “invisible e silenciosa” e crónica, caracterizada pola presenza de dor persistente que pode chegar a ser invalidante, especialmente en localizacións específicas do corpo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...