InicioLugo e contornaLugoLugo acollerá unha xornada con obradoiros prácticos sobre baile tradicional

Lugo acollerá unha xornada con obradoiros prácticos sobre baile tradicional

Terá lugar na Centrad o vindeiro domingo día 8 de maio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizará o vindeiro domingo 8 de maio as IX Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar na Centrad de Lugo en horario de 10.30 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 18.30 horas. Segundo explican dende a plataforma, a xornada está pensada tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego.

“Na xornada, contaremos con obradoiros prácticos impartidos por Pedro Brañas, Carme Campo, Chus Caramés e Luis Prego”, inciden dende a organización, subliñando tamén que entre os obradoiros haberá un descanso de 12:00 a 12:30 e un máis amplo para a pausa do mediodía.

“Os obradoiros destas xornadas, patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e que contan coa colaboración do CENTRAD, están pensadas para que os asistentes podan completar os seus coñecementos sobre baile tradicional e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición”, subliñan.

PROGRAMA

10.15 – Apertura

10.30 – Obradoiro I: “O baile en Silvela” –  Pedro Brañas

12.00 – Descanso

12.30 – Obradoiro II: “Tornando ao bailar do Porriño” . Carme Campo e Chus Caramés.

14.00 – Remate sesión da mañá

17.00 – Obradoiro III: “O baile no Val do Dubra” –  Luís Prego

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...