InicioLugo e contornaLugoLugo avanza na investigación contra o cancro cun kit de diagnóstico

Lugo avanza na investigación contra o cancro cun kit de diagnóstico

A lucense AMSlab suma forzas cunha firma Coruñesa para impulsar o sector.

PUBLICADA O

Galicia segue avanzando na conformación dun tecido produtivo de alto valor engadido co que deixar atrás a roda estival da hostalaría. O grupo empresarial lucense AMSlab, implicado no control de calidade de diferentes sectores, e a coruñesa Nasasbiotech, veñen de crear unha sociedade para implicarse na investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos e servizos na área da saúde humana e veterinaria, ademais de kits para análises e investigación dirixidos ao sector clínico e hospitalario.
Segundo explican dende as corporacións, este proxecto recolle a investigación e desenvolvementos conxuntos realizados por ambas as sociedades nos últimos anos. “Grazas ao coñecemento adquirido a través dos anos de experiencia, ambas as empresas creamos esta sociedade para cubrir as necesidades da industria”, inciden a respecto dunha iniciativa que carrexará “reforzar o tecido local con empresas do ámbito biotecnolóxico, potenciando o emprego na comunidade autónoma de Galicia e impulsando o sector biotech galego”
Polo momento, a colaboración de ambas as empresas permitiu a posta no mercado do kit  ExoGAG, un novo produto que permite o illamento de exosomas para a investigación de biomarcadores, que poderían axudar aos oncólogos realizar un diagnóstico e seguimento dos seus pacientes mediante biopsia líquida. “A este produto seguiranlle todo un conxunto de produtos e servizos para o sector da saúde humana e veterinaria”, inciden.
“Desde AMSlab estamos moi satisfeitos con este paso, dada a posibilidade de reforzar o noso apoio ao sector clínico, o cal demostrou a súa vital importancia durante estes anos con solucións cun alto compoñente de I+D”, asegura Marcos Engroba, director comercial do laboratorio lucense. Lorena Alonso, directora técnica de Nasasbiotech, afirma que con esta asociación reforzarán o crecemento de ambas as empresas para impulsar a venda de produtos, ademais de ampliar o catálogo de solucións para o sector hospitalario.

ÚLTIMAS

Foxe á carreira tras ser interceptado conducindo sen carné e tras consumir alcol e drogas

Un home de 31 anos de idade deuse á fuga na madrugada deste martes en Lugo...

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...