InicioLugo e contornaLugoLeite Río saca ferro á sanción da AICA por contratos irregulares

Leite Río saca ferro á sanción da AICA por contratos irregulares

Asegura que se debeu a "un mero erro administrativo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Grupo Leite Río informa de que a Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) impúxolle unha sanción por non facilitar a documentación requirida por este organismo, o que achaca a “un mero erro administrativo”.

Nun comunicado, replica á información trasladada pola asociación Agromuralla, de forma que deixa claro que “a empresa non foi sancionada porque os contratos non inclúan a información mínima que é obrigatoria de acordo coa Lei de cadea alimentaria”, senón por non remitir esa documentación.

Ademais, a sanción, imposta por “incumprir a obrigación de fornecer a información que se lle sexa requirida pola autoridade competente no exercicio das súas funcións”, foi recorrida por Leite Río por entender que “se trata dun erro administrativo, sen culpa nin dolo, polo que non debe carrexar unha sanción”. O recurso tramítase ante o Xulgado Central do Contencioso Administrativo, mentres está pendente a celebración da vista no próximo mes de maio.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...