A Xunta mantén que cumprirá integramente co proxecto da Residencia

O goberno galego reafírmase malia anular os usos non sanitarios do plan integral, e asinará o convenio para o Centro Integral de Saúde este venres

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e a exministra Fátima Báñez, durante a presentación do plan integral da Residencia en 2017 | Xunta de Galicia
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e a exministra Fátima Báñez, durante a presentación do plan integral da Residencia en 2017 | Xunta de Galicia

Catro días despois de trascender que o Consello da Xunta anulou dous trámites imprescindibles para o proxecto da Residencia, o executivo galego volve afirmar que completará co plan integral subscrito para o barrio lucense. Isto implica que terá que realizar novamente a retrocesión dos edificios do vello Hospital Xeral, que cancelou sen xustificación dentro dun proceso administrativo que xa dura sete anos.

Así as cousas, a autoridade autonómica anunciou que asinará o vindeiro venres o convenio co Concello de Lugo para a construcción do centro integral de saúde, a única parte do complexo que pode levarse a cabo porque non está afectado pola anulación. O gabinete que preside Alberto Núñez Feijóo sostén que cumprirá co acordo íntegro, e que contempla a meirades do uso sanitario a residencia para a terceira idade, o centro de emprendemento aeronáutico, a oficina de emprego e formación, a comisaría e a planta de biomasa.

A sinatura do convenio coa Consellería de Sanidade permitirá coordinar o inicio das obras no centro hospitalario en desuso. A desexada revitalización do barrio da Residencia comezaría polo centro integral de saúde, emblema do novo modelo de xestión da administración autonómica, e único na súa clase. A idea é que o edificio poida soster todos os servizos sanitarios, integrando a base do 061, o punto de atención continuada (PAC), o centro de saúde, e os servizos de saúde mental, fisioterapia, odontoloxía e xinecoloxía.

Dende a Xunta insisten en que non haberá cambios con respecto os usos recollidos no plan integral de 2017. Con todo, advirten en San Caetano, a realización da futura comisaría depende da vontade do Goberno central, que deberá manter o compromiso do executivo saínte.

En Marea preguntará no Parlamento pola situación da Residencia

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here