InicioPolíticaEn Marea preguntará no Parlamento pola situación da Residencia

En Marea preguntará no Parlamento pola situación da Residencia

Luís Villares afirmou que a falta de compromiso da Xunta é unha constante na cidade de Lugo polos intereses partidistas do goberno galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

En Marea pedirá explicacións no Parlamento pola anulación dos compromisos da Xunta de Galicia co barrio lucense da Residencia. Mais non é o único asunto pendente en Lugo que dende a formación recriminan o goberno galego, como deixaron claro en xuntanza co socio para as eleccións municipais, Lugonovo. O voceiro Luís Villares censurou o “caciquismo” e o “sectarismo” do executivo de Alberto Núñez Feijóo, a quen sinalou por tratar os lucenses “coma cidadáns de segunda”.

Estas declaracións foron parte do segundo acto de comunión entre En Marea e Lugonovo logo da sinatura do acordo para os comicios locais de 2019, que certificou a proximidade histórica entre estes dous proxectos. Nesta ocasión estiveron presentes o líder de facto do partido instrumental, Luís Villares, a parlamentaria por Lugo e antes concelleira por Agroma Sober, Paula Vázquez Verao, e a voceira no consistorio local, Cristina Pérez Herráiz.

Así, o grupo de En Marea presentará tres iniciativas parlamentares, esixindo explicacións á Xunta pola cancelación dos trámites imprescindibles para dotar de novos usos o recinto do vello Hospital Xeral de Lugo, no barrio da Residencia. “Queremos saber que se asinou, por que se anulou o día da moción de censura, e se ten relación coa caída do goberno de Mariano Rajoy”, apuntou Villares.

Na entente rupturista din non comprender a dilación de proxectos e servizos que son competencia do goberno galego. Neste senso, citaron a inauguración pendente do novo auditorio, a falta dun servizo vinte e catro horas de hermodinámica no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), a cancelación do plan integral da Residencia –considerada “de especial gravidade”– e a paralización do novo centro residencial para a terceira idade prometido en novembro de 2016 e anunciado meses máis tarde.

A parlamentaria Paula Vázquez Verao afirmou que a desaparición deste proxecto de construcción amosa “unha falta absoluta de palabra por parte do presidente da Xunta”. A militante de Cerna lembrou que foi o propio Feijóo quen asegurou que as sete cidades galegas contarían cunha residencia de maiores. “En febreiro de 2017 anunciaba o plan Coma na Casa, con 47 millóns de euros, e en setembro de 2018 apenas contemplan 700.000 euros”.

Profundizando neste asunto, a representante de Lugonovo pediu o executivo local que explique o traballo que está a realizar para acadar a construcción da residencia. Cristina Pérez Herráiz esixiu á alcaldesa Lara Méndez información sobre o convenio que “está a punto de ser asinado coa Xunta”, subliñando que o borrador contempla a exención do IBI de forma indefinida a favor da autoridade autonómica “cando, por lei, o máximo son catro anos”.

En palabras de Villares, a falta de compromiso do goberno que preside Feijóo “forma parte do sectarismo que o PP aplica en todos os municipios galegos”. O voceiro de En Marea advertiu de que os populares “non teñen reparo en prexudicar á cidadanía” se con iso obteñen “beneficios para o partido”. E nomeou o caso de Ourense, a única cidade de Galicia onde gobernan os conservadores, e a única que non ten os orzamentos aprobados. “Que che fixemos os lucenses para que nos trates así, como cidadáns de segunda?”, remachou o maxistrado en excendencia.

Os socialistas piden a comparecencia de Feijóo e cargan contra Carballo pola Residencia

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...