InicioLugo e contornaLugoAs familias do dobre crime do Cash Record lamentan a "paralización" da...

As familias do dobre crime do Cash Record lamentan a “paralización” da causa nos xulgados

O proceso "está paralizado outra vez e non se sabe por que", explican.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias do dobre crime do Cash Record lamentan a “paralización” da causa pola Audiencia Provincial de Lugo, que é a que ten a última palabra sobre se abre xuízo oral ou non contra o principal sospeitoso, un hostaleiro que reside agora en Burgos. A irmá dunha das vítimas, Isabel López, queixouse, despois das numerosas trabas que viviu esta instrución nos case 28 anos desde que se tirotease ao repoñedor Estebán Carballedo e á caixeira Elena López, de que o proceso “está paralizado outra vez e non se sabe por que”.

Seguidamente, puntualizou que as familias están “a esperar resposta da Audiencia”. “O último que se soubo é que ían reunir ás partes, aos avogados, e en principio non ían tardar moito”. “Non sabemos cando van reunir aos avogados e despois se toman a decisión de celebrar xuízo. Eu creo que a Audiencia ten que decidir que facer: ou xuízo ou non”, subliñou. No entanto, Isabel López non perde a esperanza e quere “pensar que se están a tardar tanto, é porque están a mover as cousas moi ben”.

SOSPEITOSO

Desde o primeiro momento, as sospeitas das familias recaeron no único investigado, un hostaleiro que rexentaba un bar na zona vella de Lugo en 1994 e que agora reside en Burgos. O próximo mes de abril fará 28 anos deste dobre crime que se atopa sen resolver, cando a propia Isabel López atopouse cos dous cadáveres nesta nave empresarial no polígono industrial do Ceao.

A irmá de Elena aproveitou para anunciar que volverán mobilizarse, con motivo do aniversario do suceso, aínda que isto dependerá de se finalmente se chega a xuízo ou non. Os familiares prevén concentrarse ás portas da Audiencia Provincial de Lugo, onde van reclamar que se faga “xustiza” con Elena López e Esteban Carballedo

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...