A fin da Fundación TIC, máis preto trala aprobación da extinción polo padroado

O proceso culminará o 31 de decembro, cando a Deputación asumirá as competencias e a equiparación dos 35 traballadores da Escola de Imaxe e Son

Darío Campos, presidente da Deputación e do padroado da Fundación TIC | Óscar Bernárdez
Darío Campos, presidente da Deputación e do padroado da Fundación TIC | Óscar Bernárdez

O Padroado da Fundación TIC aprobou este xoves a extinción da Fundación TIC para a súa integración na Deputación, en consonancia co acordo do Pleno da Deputación do 31 de xullo, que saíu adiante coa abstención do Partido Popular. O obxectivo é que en aninovo a Deputación asuma as funcións e o persoal da entidade sen ánimo de lucro, a única Escola de Imaxe e Son da provincia.

Esta medida inclúe a solicitude o Protectorado de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia para que ratifique e publique no Diario Oficial de Galicia a disolución, un paso requirido para que a integración sexa efectiva a 31 de decembro de 2018. O Padroado, que comparte presidencia coa Deputación, acordou que a liquidación se inicie trala publicación no DOG.

A integración da Fundación TIC na Deputación obedece a un criterio de aforro e eliminación de duplicidades. A institución provincial asumirá as tarefas de ensino na rama audiovisual, a difusión das actividades desenvolvidas polas administracións da provincia e polo tecido asociativo sen ánimo de lucro. Por outra banda, significará a equiparación das condicións dos 35 traballadores da TIC con aqueles da Deputación.

Xuntanza do padroado da Fundación TIC | Deputación de Lugo
Xuntanza do padroado da Fundación TIC | Deputación de Lugo

O presidente provincial Darío Campos afirmou que o proceso de integración está enmarcado “na aposta por simplificar as estruturas burocráticas, evitar duplicidades administrativas, reducir gasto público e optimizar recursos materiais e humanos”. Lembrou que estes foron os mesmos criterios aplicados para a extinción do INLUDES e o Pazo de Tor, entidades que tamén dependían da Deputación.

Campos tamén salientou que aspira a “manter e potenciar un servizo que consideramos moi útil para os lucenses”. Neste senso, subliñou “o labor da TIC a prol dos Concellos, das asociacións sen ánimo de lucro, da promoción do uso das novas tecnoloxías entre os veciños da provincia e do ensino de calidade a través da Escola de Imaxe e Son”.

A disolución e posterior absorción foi proposta por Campos en decembro de 2017 o Padroado da Fundación TIC, a través da a modificación dos seus estatutos para iniciar o proceso de disolución. En xaneiro, a proposta xa aprobada foi remitida á Xunta de Galicia para contar co seu visto e prace, imprescindible por lei. Foi en marzo cando se contou co beneplácito da administración autonómica. En maio, o presidente da Deputación e da TIC trasladou este acordou o Padroado. Coa modificación estatutaria resolta, o executivo provincial levou ao Pleno da Deputación a proposta de liquidar a Fundación e asumir o seu persoal e actividade, para poder extinguila con data 31 de decembro de 2018.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here