InicioLugo e contornaLugoTomé, sobre a marcha de Feijóo a Madrid: "faille un favor a...

Tomé, sobre a marcha de Feijóo a Madrid: “faille un favor a Galicia”

O presidente da Xunta postularase a líder do PP estatal no Congreso Extraordinario de Sevilla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sucédense as reaccións entre figuras políticas galegas e estatais arredor da decisión de Núñez Feijóo, anunciada o pasado mércores, de dar o salto a Madrid e postularse para unha máis que segura elección no vindeiro congreso extraordinario do Partido Popular.

Neste contexto, tamén o presidente da Deputación de Lugo e secretario provincial do PSOE, José Tomé, se mollou ao asegurar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coa súa posible marcha a Madrid, “faille un favor a Galicia”. “Eu creo que, sen querelo, Feijóo faille un favor a Galicia marchando para Madrid, porque Galicia queda peor que cando chegou ao goberno da Xunta”, sostivo o líder dos socialistas lucenses.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...