InicioLugo e contornaLugoEstudan unha denuncia por acoso escolar nun colexio de primaria de Lugo

Estudan unha denuncia por acoso escolar nun colexio de primaria de Lugo

As primeiras actitudes de acoso producíronse fai cinco anos, apunta o pai da rapaza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Inspección Educativa estuda unha denuncia de suposto acoso escolar presentada pola familia dunha nena que estuda primaria nun colexio da cidade de Lugo. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Educación que, no entanto, puntualizaron que ata a data “non hai ningún protocolo de acoso escolar” no centro no que está matriculada esta menor.

Segundo unha información publicada polo diario ‘El Progreso’ de Lugo, recollida por Europa Press, a nai da nena asegurou que as primeiras actitudes de acoso producíronse hai cinco anos e que esta situación se prolonga ata a actualidade sen que cesasen este tipo de comportamentos contra a súa filla.

A nai da vítima asegura, segundo recolle a mesma información, que a situación “está a causar grandes problemas psicolóxicos á nena” e afirma que desde que está en Primaria “danlle patadas, rómpenlle a roupa, quítanlle o material escolar” e mesmo “chegou con negróns nas pernas e tamén lle deron unhas puñadas”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...