InicioComarca de MeiraMeiraEvacuados unha muller encamada e o seu fillo por un incendio na...

Evacuados unha muller encamada e o seu fillo por un incendio na súa vivenda de Riotorto

O lume orixinouse na cheminea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller encamada e o seu fillo tiveron que ser desaloxados debido a un incendio rexistrado na cheminea da súa vivenda, situada no concello lucense de Riotorto. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu preto da medianoite do sábado ao domingo no lugar de Cachán. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Barreiros e os integrantes do GES da Pontenova para pór a salvo aos ocupantes da vivenda.

Foi o fillo da muller quen contactou co 112 para informar do que ocorría. A súa chamada serviu para a posta en marcha do operativo, que se completou cos axentes da Garda Civil para colaborar cos equipos de extinción. A pesar de que tiveron que ser evacuados, ningún dos habitantes da casa necesitaron traslado a centros hospitalarios, aínda que si recibiron asistencia ‘in situ’ por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

En canto aos danos, tal e como indica o 112, resultou afectada a cheminea onde comezou o lume coa ameaza dunhas bombonas de gas que estaban almacenadas preto.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...