InicioLugo e contornaDenunciados 62 condutores por alcoholemia positiva na provincia durante a pasada fin...

Denunciados 62 condutores por alcoholemia positiva na provincia durante a pasada fin de semana

Unha condutora foi denunciada dúas veces en menos dun mes por circular sen carné, que lle foi suspendido por perda de puntos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil realizou a pasada fin de semana máis de 3.500 probas de alcoholemia en numerosos controis por toda a provincia de Lugo, e denunciou a 62 condutores que presentaban taxas de alcoholemia por encima das permitidas. Así mesmo, foron detectados 15 condutores que deron positivo nas probas indiciarias de drogas.

Segundo informou o Instituto Armado, dos condutores que deron positivo por inxesta de alcol, houbo 6 que superaron o 0,60 mg/l, polo que se instruíron contra eles dilixencias penais por un delito contra a seguridade viaria.

Entre os denunciados por este delito está unha persoa implicada nun accidente ocorrido en Mondoñedo, onde un vehículo se saíu da vía e chocou contra unha vivenda, na madrugada do domingo ao luns, sen que se rexistrasen feridos.

Por outra banda, e tamén como consecuencia dun accidente, foi identificado un condutor que circulaba na madrugada do domingo pola N-540 ao seu paso por Chantada. O condutor, a pesar de presentar síntomas de consumir alcol, negouse a realizar a proba, polo que lle foi notificada a súa investigación.

CONDUTORA SEN CARNÉ REINCIDENTE

Por outra banda, a Garda Civil tamén informou da identificación dunha condutora, sorprendida circulando pola N-540 no termo municipal de Lugo, a pesar de que ten o carné suspendido pola perda de todos os puntos.

Dáse a circunstancia de que esta mesma condutora xa foi identificada e investigada o pasado 20 de xaneiro polos mesmos feitos, cando circulaba pola estrada LU-P-1802 en Chantada.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...