InicioSucesosPiden prisión permanente revisable para a nai acusada do asasinato da súa...

Piden prisión permanente revisable para a nai acusada do asasinato da súa filla en Muimenta

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba, que investigou a causa, considerou que das probas realizadas despréndense indicios de que a sospeitosa urdiu un plan para acabar coa vida da súa filla, de sete anos, algo que tamén inclúe a Fiscalía no seu escrito de acusación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xuízo polo crime da nena Desirée, asasinada na localidade de Muimenta –Cospeito, Lugo– cando tiña sete anos, chegará o vindeiro luns, día 7 de febreiro, á sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, onde sentará, como única acusada, a súa nai, para quen as acusacións piden a prisión permanente revisable.

A vista oral está fixada para seis xornadas, entre o 7 e o 14 de febreiro, pouco antes de que se cumpra o terceiro aniversario do crime, ocorrido o 3 de maio de 2019. Para tratar de esclarecer o sucedido, pola sala transitarán, ademais da acusada, 22 testemuñas, 21 peritos, 16 axentes da Garda Civil que participaron na investigación e tres facultativos.

O xuízo contará, como está fixado que sexa cun caso desta tipoloxía, un xurado popular, que será escollido polas partes de entre os candidatos congregados e citados por sorteo, o primeiro día.

Desirée Leal, que tiña 7 anos no momento da súa morte, foi achada sen vida na casa da súa nai, situada en Muimenta, localidade do municipio lugués de Cospeito, o 3 de maio de 2019. A nai da pequena atópase en prisión provisional, comunicada e sen fianza como única acusada do crime.

Ademais de Fiscalía, no caso tamén están personados como acusación particular o pai da nena, José Manuel Leal, e como popular a Fundación Amigos de Galicia. Nos tres casos, solicítase a prisión permanente revisable para a nai da nena, como autora dun delito de asasinato con aleivosía, concorrendo as agravantes de parentesco, pero con atenuante de anomalía ou alteración psíquica.

Así mesmo, Fiscalía e acusación popular solicitan unha indemnización de 300.000 para o pai da pequena, mentres que a particular pide 120.000 euros.

PLAN PARA O ASASINATO

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba, que investigou a causa, considerou que das probas realizadas despréndense indicios de que a sospeitosa urdiu un plan para acabar coa vida da súa filla, de sete anos, algo que tamén inclúe a Fiscalía no seu escrito de acusación.

O Ministerio Público estima que, para levar a cabo este “macabro plan”, a muller forneceu á pequena, antes do 2 de maio e nunha data indeterminada, un “potente fármaco” chamado ‘trazodona’, co fin de adormentala para acabar coa súa vida. Con todo, alega, non conseguiu “que a menor tomase a cantidade que ela requiría”.

Na madrugada do 2 ao 3 de maio, prosegue o Fiscal, mentres a nena durmía na mesma cama que ela, a nai “agarrouna coas súas mans por ambos os lados do pescozo, con suma violencia, para asfixiala“. Do mesmo xeito, presionou “con toda a súa forza a boca e o nariz da pequena, ata lograr que deixase de respirar”.

A nena, segundo a investigación, “chegou a espertarse e tratou de defenderse”, aínda que sen logralo. Faleceu por asfixia mecánica e oclusión dos orificios respiratorios. A acusada foi diagnosticada dun trastorno da personalidade de tipo mixto e dun trastorno psicótico non orgánico non especificado, que puido “afectar de maneira parcial” ás súas capacidades durante os feitos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...