InicioSociedadeUn poste sinala o quilómetro 100 do Camiño Primitivo ao seu paso...

Un poste sinala o quilómetro 100 do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo

Esta acción permitirá "situar Lugo no Camiño a Santiago, para os peregrinos que queiran iniciar o Camiño desde aquí e para os peregrinos que veñen de Fonsagrada ou de Asturias".

PUBLICADA O

- Advertisement -

No paseo central da Avenida de Fontiñas, na cidade de Lugo, loce desde este mércores unha mouteira que sinala o punto quilométrico 100 do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto no que se descubriu esta pedra, no que tamén estivo presente o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, Ángel Trabada, e outras autoridades locais.

Trabada, un dos impulsores desta iniciativa, considerou que esta acción permitirá “situar Lugo no Camiño a Santiago, para os peregrinos que queiran iniciar o Camiño desde aquí e para os peregrinos que veñen de Fonsagrada ou de Asturias, que saben que desde esta mouteira restan eses cen quilómetros para chegar a Santiago, que é a distancia para conseguir a Compostela”.

Pola súa banda, Alfonso Rueda puxo en valor as cifras do camiño, lembrando que este mes de xaneiro chegaron a Compostela case 2.000 peregrinos, fronte aos 60 que o fixeron no primeiro mes do ano pasado. “Este vai ser un bo ano e temos que estar preparados para conseguilo entre todos”, subliñou, á vez que indicou que “este vai ser o ano do Camiño Internacional”: “o ano pasado só veu o 10% de peregrinos que non eran nacionais, en 2019 foi o 60%. Hai moitos peregrinos de distintos sitios que van vir este ano”, resolveu.

Por outra banda, Rueda eloxiou o labor das asociacións de amigos do Camiño. “Recoñecer todo o que facedes, en toda España, en todos os camiños, en toda Europa e en todo o mundo”. Finalmente, o vicepresidente destacou que “Lugo, despois da provincia da Coruña, é a que ten máis quilómetros e máis camiños que a atravesan”. “Este camiño onde instalamos a mouteira (o Primitivo) está a crecer case o 6% o ano pasado e eu creo que é bo diversificar e ao final ofrecer posibilidades aos que queren facer o Camiño”, concluíu.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...