InicioSucesosDenunciado un home por unha presunta falta de respecto a axentes locais...

Denunciado un home por unha presunta falta de respecto a axentes locais tras unha discusión de tráfico

A Policía Local de Lugo denunciou a un home por faltas de respecto e consideración a axentes da autoridade tras unha discusión por un estacionamento indebido. A denuncia atense á Lei de Protección de Seguridade Cidadá, tamén coñecida popularmente como 'Lei Mordaza'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a un home por faltas de respecto e consideración a axentes da autoridade tras unha discusión por un estacionamento indebido. A denuncia atense á Lei de Protección de Seguridade Cidadá, tamén coñecida popularmente como ‘Lei Mordaza’.

Segundo informou a Unidade Territorial de Policía de Barrio, a mañá do pasado martes 25 de xaneiro, os axentes da Policía de Barrio estaban a realizar unha corrección dun estacionamento indebido na avenida da Coruña cando un individuo comezou a increparlles nun ton de voz elevado.

O suceso provocou que varias persoas se congregasen ao redor do home, que continuaba reprochándolle aos axentes os controis de disuasión e sanción que realizan contra a venda ilegal no mercadillo de Frigsa ou sobre a actividade dos aparcacoches na contorna do Hospital Universitarios Lucus Augusti (HULA).

Segundo relata a Polícia, o home faría ademán de encararse cos axentes, o que provocou a intervención da muller que o acompañaba e que lle solicitaba que cesase no seu comportamento. Cando os axentes lle pediron a documentación ao individuo, este negouse a facilitala, sendo o seu acompañante a que terminou dando estes datos á Policía para interpor a dita denuncia.

Ademais, esa mesma mañá rexistráronse doce denuncias por exceso de velocidade no marco dos controis mencionados e que a Policía Local intensificou esta semana na capital lucense.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...