InicioEconomíaLugo preséntase como unha "provincia de cinema" para impulsar o turismo a...

Lugo preséntase como unha “provincia de cinema” para impulsar o turismo a través do audiovisual

O presidente da Deputación defendeu o turismo como factor de equilibrio territorial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo presentouse este xoves na Feira Internacional do Turismo (Fitur) levada a cabo en Madrid como unha “provincia de cinema”, para impulsar o turismo a través do audiovisual. Nun acto celebrado na caseta de Turespaña, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, puxo en valor o modelo turístico, “sustentable, non masificado” e cunha oferta diversificada que propón a provincia.

Ademais da historia, as paisaxes e a gastronomía, entre outros encantos da provincia, agora incorpórase “entre as múltiples opcións” dispoñibles o turismo ligado ás rodaxes, “buscando a complicidade da ilusión, o dinamismo e a maxia” que “sempre supoñen” as producións audiovisuais.

“Somos a provincia galega con máis rutas, a provincia máis diversa de toda España. Sumamos aos nosos grandes monumentos románicos, á nosa costa e á Terra Chá agora tamén o turismo ligado ás rodaxes”, reivindicou o presidente provincial.

Para a presentación, a Deputación de Lugo contou coa participación de diferentes profesionais do sector relacionados coa provincia, como o presidente e fundador de CTV, Ghaleb Jaber Ibrahim; o produtor de Gaitafilmes, Suso López, e o produtor audiovisual de Amanita Films e codirector do festival FanCine, Iván Patiño. Todos eles explicaron o potencial de Lugo neste ámbito, tanto de creación como de estudio de cinema.

“Buscar a interrelación entre a produción audiovisual e o turismo pode converterse, sen dúbida, nun factor de desenvolvemento para o rural”, explicou José Tomé, que puxo de exemplo diferentes films que levan por todo o mundo a Lugo, como ‘O sabor das margaridas’, serie coñecida mundialmente grazas a estar dispoñible na plataforma Netflix.

O presidente asegurou que o turismo é un factor de equilibrio territorial, xa que é un sector capaz de xerar emprego de calidade que permite aos mozos do rural desenvolver proxectos de vida nos seus lugares de orixe. “Do mesmo xeito que o cinema é un diálogo entre o creador e os espectadores, o turismo é un encontro entre o que chega e o que vive habitualmente nun lugar”, engadiu José Tomé Roca.

Baixo o slogan ‘Lugo, Provincia de cinema’, Tomé Roca quixo resaltar que as rodaxes teñen un retorno económico directo para a zona, que se multiplica cando se estrean as películas ou series de éxito, como ‘Doghs’, ‘O que Arde’ ou ‘Live is Life’, que atraen a visitantes.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...