InicioLugo e contornaCastroverdeJosé María Arias será vicesecretario xeral do PSdeG lucense

José María Arias será vicesecretario xeral do PSdeG lucense

O rexedor de Castroverde accede a este posto tras pactar con Tomé unha candidatura única á secretaría do PSOE lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, celebrou o seu acordo co alcalde de Castroverde, José María Arias, para o proceso interno de renovación da dirección do PSOE provincial de Lugo ao soster que demostra que “triunfou a provincia por encima de calquera interese persoal ou de partido que puidese ter cada un”.

O tamén alcalde de Monforte considera que o evitar a primarias axudará a “consolidar as alcaldías e mellorar resultados de face a adquirir algunha máis”. A pesar das diferenzas que puidese haber “previas” ao acordo, “no substancial” si coinciden entre os dous e destaca: “Somos compañeiros, traballamos xuntos, cremos nos alicerces nos que se sustenta a política de Pedro Sánchez, arroupamos a Valentín e traballaremos sobre as mesmas liñas mestras”.

O proceso para xestar este acordo foi “discreto” e “fácil” porque “existe unha boa relación e comunicación” entre ambas as partes. “En ningún momento falamos de persoas, nin de José María nin de Tomei, se non dun proxecto común e cando se fala de proxectos é moito máis sinxelo entenderse”, afirmou.

Nunha das súas última aparicións en público, o que será agora vicesecretario xeral, José María Arias, deixaba claro que non lle gustaba aglutinar varios cargos nunha mesma persoa, como é o caso de José Tomé. Con todo o alcalde de Monforte, presidente da Deputación e cabeza de lista provincial quita ferro ao asunto e chancea: “Se Jacques René Chirac puido ser alcalde de Paris e presidente de Francia, os demais tamén poderemos facelo”.

Na mesma liña, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, festexa a unión do equipo provincial e ve neste acordo un paso de face ao avance da consolidación do partido en Lugo. “Para nós o municipalismo é fundamental, porque é a administración máis próxima aos veciños e veciñas, e estou segura de que a unión entre Tomei e Arias reforzaranos máis”, reflexiona Méndez.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...