InicioLugo e contornaLugoDenunciados dous locais de lecer nocturno de Lugo por non pedir o...

Denunciados dous locais de lecer nocturno de Lugo por non pedir o certificado Covid

Tampouco contaban con con persoal que controlase o acceso ao establecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou dúas novas denuncias a locais de lecer nocturno da capital luguesa por incumprir a normativa establecida pola pandemia ao non pedir o certificado Covid aos clientes e non contar con persoal que controlase o acceso ao establecemento.

Segundo informou a Policía Local, estas actuacións enmárcanse nos dispositivos de control do cumprimento da normativa Covid durante a pasada noite do 10 de xaneiro, na que efectivos do Grupo Nocturno de Lugo realizaron varias inspeccións en locais de lecer nocturno e tramitaron actas de denuncia en dous establecementos do centro histórico e de Mariña Española.

Por un parte, realizaron acta denuncia por infracción á Lei de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia “por non dispor estes locais de persoal habilitado para as funcións de control de acceso”. Ademais, tramitaron acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por non pedir certificado Covid aos clientes que acceden ao interior do establecemento.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...