InicioPolíticaAcordo unánime para os prezos do San Froilán 2018 con subas do...

Acordo unánime para os prezos do San Froilán 2018 con subas do viño e o polbo

A Comisión de Festas aprobou por unanimidade a escolla do pregoeiro e tamén o novo prego de licitación das casetas do polbo, con cambios nos requisitos técnicos e de experiencia, e subida de prezos nas racións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuntanza da Comisión de Festas do San Froilán acadou un acordo unánime que solventa as deficiencias atopadas na anterior edición, serve de actualización dos prezos e asemade recolle novidades técnicas nas casetas do polbo. As modificacións do prego inclúen aspectos de solvencia técnica e garantía para estas instalacións, que poderán obter concesións por dous anos. Por outra banda, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, anunciou que o pregoeiro será o xornalista Manuel Lombao.

O goberno de Lugo introduce así novas garantías económicas para o Concello, xa que para participar no concurso público será obrigatoria unha fianza do 2 % sobre o prezo de saída, cantidade que sería incautada no caso de renuncia do adxudicatario; e no caso de aceptar, a fianza se extendería ao prezo ofertado definitivo. Outra garantía, neste caso de experiencia, é a da solvencia técnica de quenes se ocupen do servizo nas casetas, que deberán acreditar alomenos seis meses nunha ocupación similar ou a titulación correspondente para esta actividade profesional.

As instalacións tamén reciben un cambio nas especificacións, que admitirán excesos de ata o 7 % nas dimensións, e agora poderán dispoñer de toldos que cubran do sol ou da chuva a zona entre a caseta e o caldeiro. Será posible instalar barricas no frontal, respectando a imaxe tradicional, nunha faixa dun metro de ancho. As casetas deberán evitar cores rechamantes e ofrecer accesibilidade nos servizos. En canto á oferta, poderán servir outros alimentos e bebidas non reguladas, debendo avisar ó Concello, sempre cun cadro de prezos autorizado e visible no interior e no exterior.

Con todo, a novidade de maior incidencia será a subida de prezos na ración de polbo. As perspectivas do mercado e a estrea da veda aconsellaron fixar a ración de 250 gramos en 12 euros. Tamén sube o viño, segundo a Concelleira de Cultura, para garantir a calidade do produto: a botella de tres cuartos de litro custará 6 euros. O pan e mailos cachelos manterán o prezo de 1,50 por ración de 200 gramos.

No que respecta ao espectáculo, o xornalista Manuel Lombao exercerá de pregoeiro. Licenciado en Ciencias da Información e Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira en Radio Lugo, antes de ingresar en RTVE; foi galardoado co Ondas en 1974, e co Micrófono de Ouro en 1993. A música irá a cargo do grupo La Moda, mentres dende o Concello xestionan a posibilidade de traer a Heredeiros da Crus.

 

Lugonovo reclama maior protagonismo para as asociacións locais

A voceira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, dixo estar satisfeita por ver que o Concello incorporara elementos que a formación reclamara hai tempo, como a obrigatoriedade de experiencia ou as garantías económicas. Así, celebran que o goberno «aprendera dos erros do pasado e corrixira as deficiencias que, dende a oposición, detectamos dende o primeiro momento en que se publicaron os pregos de 2016».

A voceira de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz | Lugonovo

Apois de lamentar que estas modificacións non chegaran ao prego do San Froilán de 2017, «un exercicio perdido» pola «deriva do proceso de licitación das instalacións que deixara Bruxa Consulting», a concelleira de Lugonovo dixo agardar «que non volva suceder nada parecido».

De cara á festa de outubro, declarada de interese turístico nacional, Pérez Herráiz defendeu un xiro «teatralizado» ao pregón e maior participación das asociacións locais no deseño e o desenvolvemento dos actos culturais, pois «existe na cidade un amplo elenco de artistas e agrupacións con propostas interesantes e variadas». Así as cousas, pediu garantías de igualdade de condicións no acceso aos espectáculos: «Consideramos que nos concertos debe primar a accesibilidade, con prezos populares».

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...