InicioLugo e contornaLugoO Pleno de Lugo aproba unhas contas para 2022 de 106,8 millóns,...

O Pleno de Lugo aproba unhas contas para 2022 de 106,8 millóns, cos votos en contra da oposición

O PP di que non apoia estas contas "porque nin atenden as necesidades reais dos lucenses nin están pensadas para a recuperación post pandemia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo disporá en 2022 de 106,8 millóns, unhas contas aprobadas pola corporación municipal cos votos en contra da oposición. Da conta, o goberno local destaca que se inclúen “máis de 30 millóns de euros dirixidos a políticas sociais“.

“Uns orzamentos nos que a oposición nin está nin se lle espera, pero cos que impulsaremos a dinamización de Lugo e o seu crecemento con altura de miras, anticipación e compromiso“, expuxo a alcaldesa, Lara Méndez.

Pola súa banda, a tenente de alcaldesa e edil de Gobernación, Paula Alvarellos, sinalou, na súa intervención, que se trata dun proxecto “expansivo e solidario” e que inclúe “actuacións valentes, pero rigorosas”. Entre outras cuestións, aludiu aos fondos Next Generation como “auténtico revulsivo para a dinamización do municipio”, ao que sumou iniciativas como ‘Lugo Transforma’ para propiciar, dixo, o “cambio económico” na cidade.

Á súa vez, o tenente alcalde Rubén Arroxo (BNG) defendeu un orzamento deseñado baixo a idea de “continuar e avanzar na mellora de Lugo, facendo unha cidade máis amable para as persoas”. Así, destacou investimentos como os 150.000 euros destinados á mellora da seguridade peonil na rúa Galego Tato.

CRITICAS DO PP

Pola contra, o portavoz do PP Ramón Carballo argumentou que non poden apoiar estas contas “porque nin atenden as necesidades reais dos lucenses nin están pensadas para a recuperación post pandemia“. Ademais, argumentou que poderían carrexar “unha subida encuberta das taxas e impostos”.

Tanto a Méndez como a Arroxo acusounos de “antepor as axendas do seu partido á axenda municipal”, ao reprochar que se “atrasase a sesión do pleno para que a alcaldesa puidese ir a Ourense a aplaudir a chegada dun AVE” que, segundo argumentou, deixa a Lugo “no vagón de cola”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...