O Arde Lucus celebrarase en 2022 entre o 9 e o 12 de xuño

Así o anunciou a alcaldesa Lara Méndez nun acto onde unha recreación de tropas romanas atravesou a ponte romana sobre o río Miño .

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anuncia que o Arde Lucus celebrarase en 2022 entre o 9 e o 12 de xuño. CONCELLO DE LUGO

O Arde Lucus celebrarase en 2022 entre o 9 e o 12 de xuño, segundo avanzou este sábado a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Este sábado, unha recreación de tropas romanas atravesou a ponte romana sobre o río Miño para ‘tomar’ un ano máis a cidade amurallada. Este acto simbólico e unha ofrenda aos deuses, coa alcaldesa e a asociación Arde Lucus, serviu para presentar esta festa.

Nesta cita participaron xornalistas dunha decena de países e tres continentes, nun acto co que se pretende divulgar a historia e o patrimonio da cidade. Conta coa colaboración de 19 asociacións da cidade.

A alcaldesa puxo en valor unha festa que “nos une como pobo e que preparamos con paixón, orgullo e do modo máis fidedigno e respectuoso cos nosos antepasados”.