InicioLugo e contornaRábadeUn veciño de Rábade recibe unha condena de 10 anos de cárcere...

Un veciño de Rábade recibe unha condena de 10 anos de cárcere por matar o seu irmán con dispacidade

O crime, que chegou a xuízo a pasada semana na Audiencia luguesa, produciuse o 23 de novembro de 2019 na casa que os irmáns compartían no municipio lugués de Rábade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O veciño de Rábade que asasinou o seu irmán en novembro de 2019 foi condenado a dez anos de prisión pola Audiencia Provincial de Lugo, que emitiu a súa setencia días máis tarde de que un xurado popular declarase ao procesado culpable dun delito de homicidio.

A sentenza condenatoria, emitida pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo o pasado luns, determina unha pena de dez anos de cárcere por un delito de homocidio coa concorrencia da agravante de parentesco e as atenuantes de confesión e arrebato.

O crime, que chegou a xuízo a pasada semana na Audiencia luguesa, produciuse o 23 de novembro de 2019 na casa que os irmáns compartían no municipio lugués de Rábade.

A vítima padecía unha discapacidade do 65% pola que fora incapacitado a través de sentenza xudicial a comezos do ano no que morreu asfixiado a mans do seu irmán, quen, tras cometer o crime, chamou á Garda Civil por teléfono para confesar.

Chegados ao lugar, os axentes encontraron ao homicida que, tras pedirlles que o esposaran, indicoulles onde se atopaba o cadáver e como podían acceder alí.

Así, o tribunal, na liña do establecido no veredicto do xurado popular, incide en que o homicidio se produciu “a consecuencia dalgún estímulo non concretado pero de entidade suficiente” que a vítima fixo cara ao agresor de forma previa e que ocasionou “un estado pasional” que o levou a cometer o crime.

Sobre isto último, os xuíces apuntan que aínda que non é posible coñecer que foi o que ocorreu antes da agresión debido ao “silencio permanente” do condenado, o xurado considerou no seu veredicto que si existiron este “cúmulo de feitos” sen concretar que provocaron que o agresor “se vise obcecado momentánamente” e asfixiase ao seu irmán tapando a súa boca e apertando o seu pescozo coas súas mans.

De feito, o acusado trasladou ao psiquiatra da prisión onde estivo interno que a morte do seu irmán “non tiña que ocorrer” porque “non levaba tan mal” con el, aínda que, como sinalou a profesional durante o xuízo, si lle confesou que había “tensión” polos gastos que realizaba o falecido.

“Todo este cúmulo de datos é o que leva a entender que se produciu unha situación tal que levou a que o acusado actuase nun momento de obcecación e concluíse a agresión ata producir a morte do seu irmán”, recolle o tribunal na sentenza.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...