InicioLugo e contornaLugoXuízo ao home que tentou matar a outro cunha fouce en Lugo

Xuízo ao home que tentou matar a outro cunha fouce en Lugo

Piden 8 anos de cárcere.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro mércores o xuízo contra un home acusado de tentar matar a outro home, ao que atacou cunha fouce causándolle feridas que estiveron preto de acabar coa súa vida. Os feitos remóntanse a febreiro deste ano 2021, cando o acusado chegou á casa que ocupaba acompañado polo agredido e por outra persoa, ás que non coñecía previamente.

Así figura no escrito de acusación de Fiscalía, que sostén que o procesado, para o que pide unha pena de oito anos por un delito de homicido en grao de tentativa e outro sete meses por ameazas, empezou unha discusión coas dúas persoas que o acompañaron ata a vivenda.

O Ministerio Público asegura que o suposto agresor puxo unha fouce no pescozo dunha das vítimas, que foi defendida pola outra persoa. Nese momento, continúa Fiscalía, o acusado atacou a un dos seus acompañantes “aproveitando a escasa visibilidade que había na vivenda”. O agredido sufriu varias puñaladas no costado que “lle terían ocasionaron a morte de non recibir asistencia médica urxente” no hospital de Lugo.

Tras o ataque, o acusado fuxiu da casa mentres profería ameazas cara á outra persoa, que quedou na vivenda auxiliando ao agradido. Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de intento de homicidio e outro de ameazas, polos que pide oito anos e sete meses de cárcere para o acusado, que se atopa desde o día posterior aos feitos en prisión preventiva.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...