InicioEconomíaA Deputación activa un programa de acompañamento dixital dirixido a 500 empresas...

A Deputación activa un programa de acompañamento dixital dirixido a 500 empresas da provincia

Aínda que non hai limitacións, o obxectivo é dirixirse ás empresas máis pequenas, medianas, ou autónomos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo puxo en marcha o programa de acompañamento á dixitalización ‘Re-iníciache’ que, en colaboración co Ministerio de Industria, diríxese a 500 empresas da provincia.

Na presentación da iniciativa na sede da institución e acompañado por empresarios e representantes de asociacións, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé explicou que esta actividade se enmarca no Plan de Impulso da Economía da provincia, para favorecer a recuperación do tecido produtivo logo do impacto da pandemia.

Segundo detallou, esta nova medida trátase dun programa de atención e asesoramento personalizado que se ofrece de forma gratuíta a todas as empresas da provincia para axudalas a aproveitar os recursos das novas tecnoloxías e modernizar así o seu negocio.

“É un programa para que as empresas, grazas á dixitalización, gañen en competitividade, en produtividade, en eficiencia e, en definitiva, que abran novas oportunidades de negocio”, detallou.

Este programa diríxese a 500 empresas, que poden adherirse desde este mércores a través da páxina web provincial, e conta cun orzamento duns 1.080.000. “Serviranos para impulsar o proceso de transformación dixital da provincia, que é un dos grandes retos de futuro”, sinalou.

Desta cantidade, a Deputación achega “algo máis do 14 por cento, sobre 152.000 euros, e o resto achégao a Escola de Organización Industrial, concretamente uns 930.000 euros”. “Poderán participar 500 empresas de calquera sector ou de calquera actividade e de calquera dos 67 municipios da provincia”, incidiu.

“En canto ao tamaño das empresas”, explicou que “non hai ningunha limitación” pero detallou que o obxectivo é dirixirse ás “máis pequenas, ás medianas e aos autónomos”, “que son os que teñen máis dificultades e son ademais o verdadeiro músculo da nosa economía”.

O programa contempla “xestión de dixitalización”, “desenvolvemento do negocio dixital” ou “reto en comunicación dixital”, entre outras accións.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...