InicioLugo e contornaLugoAs 12 familias que non conseguen alugar unha vivenda en Lugo

As 12 familias que non conseguen alugar unha vivenda en Lugo

Stop Desafiuzamentos denuncia a situación destes núcleos familiares con baixos recursos: "isto pasa porque non hai vivenda pública".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta de Stop Desafiuzamentos Lugo, Mina Galván, denunciou este venres a situación de doce familias con “baixos recursos” que non conseguen que lles aluguen unha vivenda na cidade amurallada. Galván censurou que non teñan “vivendas para poder axudar á xente, e mentres non haxa unha saída decente non poden estar polas rúas buscando vivenda e que todo sexan nos, iso pasa porque non hai vivenda pública”, queixouse.

A activista chamou a atención sobre doce familias que se atopan “en risco” por non poder alugar. Segundo comentou, ante esta situación moitos “optan por irse”. Así, relata o caso de “un afectado que se ha ido de Lugo porque é imposible buscar un piso, e outros teñen que compartilo con familiares”.

Mina Galván lamentou que “hai xente que ten uns ingresos de 500 euros, pero non é unha garantía para alugar unha vivenda porque os propietarios non che dan a opción de pagar a fianza en dúas veces”.

Sobre as distintas administracións, protesta pola súa falta de “implicación” e así subliñou que na súa organización só cónstalles “unha familia á que se axudou”. “Unha persoa que ten ao seu cargo un fillo ou dous, con 500 ou 600 euros, así non poden facer fronte á fianza que lles esixen os propietarios”, advertiu finalmente.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...