InicioLugo e contornaLugoLugo lidera a caída de casos en Galicia pero segue como a...

Lugo lidera a caída de casos en Galicia pero segue como a segunda área máis afectada

Os hospitalizados soben pero só nas unidades de planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de covid baixan dos 4.000, tras exceder esta barreira lixeiramente na última xornada, e os novos contaxios tamén volven estar por baixo dos 150. Ademais, a taxa de positividade é do 4,56% –por baixo do 5% que marca a OMS–. A presión hospitalaria, con todo, rexistra un leve ascenso con tres hospitalizados máis.

Así, segundo a información notificada polo Sergas na mañá deste domingo (con datos solicitados ata o sábado), nas últimas horas confirmáronse 146 novos contaxios por coronavirus, o que supón 23 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 40 novos contaxios, en Santiago hai 33 casos novos; na área de Vigo notificáronse 27 contaxios; na de Lugo, 14 contaxios; na de Ourense, nove casos máis; na área sanitaria de Pontevedra foron 22 casos novos; e na de Ferrol rexistrouse dous contaxios novos.

No balance deste sábado, Sanidade informa de que Galicia conta con 3.754 persoas coa infección por covid activa, o que supón 287 casos menos que os notificados o sábado. Por áreas, os casos activos descenden en todas as áreas.

O maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.005 casos (68 menos), seguida por Lugo, con 727 casos (82 menos); na área de Santiago hai 640 casos activos (42 menos), na área de Vigo son 575 casos (27 menos), na de Ourense hai 391 casos (50 menos), en Pontevedra hai 248 infeccións activas (un menos) e na área de Ferrol hai 168 casos (17 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas aumentaron os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 109 pacientes (seis máis que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 40 pacientes (tres menos): 12 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), oito na de Ourense (+1), catro pacientes en UCI na área de Pontevedra (-1) e tres en Lugo (-2), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, na área da Coruña son 39 os hospitalizados en planta (+5); na de Ferrol, cinco (sen cambios); na de Pontevedra, tres (sen cambios); na de Lugo, 18 (+3); na de Santiago, 14 (-1); na de Ourense, 13 (sen cambios) e na de Vigo, 17 (-1)

CURADOS, FALECIDOS E PROBAS DIAGNÓSTICAS

Desde que se iniciou a pandemia, superaron a enfermidade en Galicia un total de 174.727 persoas, das que 431 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron con Covid un total de 2.604 persoas, dúas máis nas últimas 24 horas. Unha das defuncións é a dun home de 49 anos, cuxa morte se produciu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Contaba con patoloxías previas, segundo os datos do Goberno galego.

Tamén tivo lugar o óbito dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén tiña patoloxías previas. Así mesmo, ata o momento, realizáronse en Galicia máis de 2.788.000 millóns de probas PCR. Segundo os datos que publica este venres por Sanidade, nas últimas horas a taxa de positividad das probas PCR realizadas (o número de casos de Covid confirmados por cada 100 probas) é do 4,56%, por baixo do 5 % que a OMS establece como límite para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...