InicioSociedadeO Concello deriva a acometida da rúa Armórica para atallar a fuga...

O Concello deriva a acometida da rúa Armórica para atallar a fuga de auga

A reparación rematará este luns – O servizo está garantido pola canle paralela – Nos vindeiros días concluirán as obras de asfaltado na rúa Armórica

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo tomou a decisión de anular a acometida central de auga da rúa Armórica, primeiro paso para solventar o escape de auga na rede de abastecemento. O servizo está garantido coa derivación á canle paralela, que pasa baixo unha das marxes.

Este corte na acometida servirá para atallar a fuga, traballo que está previsto que remate na tarde deste luns. O concelleiro de Infraestruturas, Manuel Núñez, supervisou estas tarefas, ás que seguirán nos vindeiros días o peche das gabias e o asfaltado da zona afectada.

Durante a reparación a acometida principal da rúa Armórica quedará anulada, mais como confirmou o goberno local, a traída da beirarrúa ten capacidade abondo para solventar o abastecemento cotián.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...