InicioA UlloaTrasladados a Bonxe e Monterroso tres dos seis detidos polo crime de...

Trasladados a Bonxe e Monterroso tres dos seis detidos polo crime de Samuel Luiz

O ingreso dun familiar do rapaz asasinado no cárcere de Teixeiro motivou este traslado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres dos seis detidos polo crime de Samuel Luiz –os únicos que se atopaban en prisión tras a súa detención por uns feitos ocorridos na madrugada do 3 de xullo no paseo marítimo coruñés– foron trasladados da prisión coruñesa de Teixeiro e as de Bonxe e Monterroso, na de Lugo.

Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press. Desde Institucións Penais informaron unicamente do traslado do tres, aínda que sen concretar, por motivos de seguridade, os motivos e os cárceres.

Outras fontes do caso precisaron, no entanto, que foron trasladados a dúas prisións da provincia de Lugo, un deles á de Monterroso e outros dous á de Bonxe.

En concreto, indicaron que nesta última ingresaron aos que a Policía considera “directamente implicados” na malleira que sufriu Samuel, en base ás probas de ADN practicadas. O terceiro, e que na súa declaración no xulgado de garda situou a estes dous investigados como os autores dos golpes, atópase en Monterroso.

O traslado está motivado, segundo precisaron as fontes consultadas, pola entrada no cárcere de Teixeiro “dun parente do falecido“.

Polo crime de Samuel, foron detidas, ata o momento, seis persoas, con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos. Tres están en prisión provisional; unha cuarta, unha muller, en liberdade con cargos, e outros dous, por non ter máis de 18 anos, atópanse internados nun centro de menores.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...