InicioEconomíaPublicada a listaxe de axudas para a compra de libros de texto...

Publicada a listaxe de axudas para a compra de libros de texto no Concello de Lugo

O prazo de alegacións para as familias cuxa solicitude foi denegada estará aberto ata o 26 de agosto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, vén de anunciar a publicación das listaxes provisionais das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos.

“Por segundo ano consecutivo melloramos os tempos deste trámite, realizando todo o procedemento en 3 meses menos que anos anteriores para conseguir que as familias poidan desfrutar destas axudas nos primeiros días de curso“, afirmou Felipe Rivas, que engadiu que “desde a concellería de Educación nos esforzamos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posible, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos”. 

A concellería de educación destina un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar, de maneira que este ano queda establecido o tope en 6.326,88€, o 0.8 do IPREM. En total, este ano recibíronse 565 solicitudes, concedéndose as axudas a 338 nenas e nenos.

As listaxes provisionais poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal. O prazo de alegacións para as familias cuxa solicitude foi denegada estará aberto ata o 26 de agosto. Unha vez se valoren as alegacións, publicaranse as listaxes definitivas e realizarase a entrega dos vales.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...