InicioLugo e contornaLugoLugo suma un paciente covid en UCI e máis de 150 contaxios...

Lugo suma un paciente covid en UCI e máis de 150 contaxios novos

É, xunto coa Coruña e Vigo, a única área na que medran os casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia soben a 316, 15 máis que na xornada anterior e retoman así a tendencia ascendente de días anteriores. Tamén os novos contaxios sofren un repunte: alcazan os 1.300 e volven moverse ao redor das cifras dos últimos días, despois de que este sábado se estancasen nos 1.171. Os casos activos, pola súa banda, aumentan lixeiramente –95 máis–, 18.964, mentres que a taxa de positividade segue en ascenso e alcanza xa o 13,03% na Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do sábado, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 44 –catro máis–, e soben tamén en 11 pacientes os hospitalizados noutras unidades –272–. O crecemento replícase na área de Lugo-Monforte, con tres ingresados máis en unidades convencionais —40–, e un máis en UCI.

152 CONTAXIOS

Os casos activos de Covid rexistran un lixeiro aumento, con 95 infeccións máis, co que se retoma a tendencia ascendente de xornadas previas, e sitúanse en 18.964, ao haber máis contaxios (1.300) que altas (1.204), ao que se suma un falecemento. Lugo sitúase entre as áreas á alza –xunto coa Coruña e Vigo– ao sumar 48 casos máis. A conta total queda así en 2.266 aos que a provincia lucense chega despois de rexistrar 152 dos 1.300 contaxios contabilizados polo Sergas na xornada anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR a nivel galego, vén de repuntar a un 13,03%, tras estar o pasado sábado e venres por baixo deste limiar –12,11% e 11%–, e volve así á tendencia de días nos que roldou o 13,4% e iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...