InicioLugo e contornaLugoLugo ascende a catro bombeiros que loitaron contra a incendio do Ceao

Lugo ascende a catro bombeiros que loitaron contra a incendio do Ceao

Pasarán a ser cabos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, desprazou este mércores ao parque de bombeiros da cidade con motivo da promoción de catro axentes do corpo, que pasarán a ser cabos. Trátase, segundo apuntan dende o Concello, da primeira promoción acontecida en dúas décadas; un movemento co que se pretende reforzar a estrutura xerárquica do equipo de bombeiros da cidade de Lugo.

O acto desenvolveuse coa presenza da edil de Cogobernanza, Paula Alvarellos, e serviu para facer efectiva a promoción de Eduardo López, Pablo Yanes, Óscar Freire e Francisco Otero. Os novos cabos xuraron o cargo nun acto oficial no que tamén estivo presente o Sarxento do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento, Miguel López Palacios.

Segundo apunta dende o Concello, trátase da primeira promoción que se realiza no Corpo dende hai dúas décadas e á que os catro efectivos, empregados municipais con 19 anos de experiencia, accederon logo da celebración dun concurso de méritos convocado pola administración local para a provisión de varios postos de traballo.

No acto non faltaron as mencións ao incendio do Polígono do Ceao, que o pasado mes de abril calcinou varias naves e xerou imaxes de impacto. Neste aspecto, a alcaldesa aproveitou para felicitalos e trasladarlles o agradecemento pola implicación nese e outros labores.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...