InicioPolíticaO goberno provincial de Lugo critica o PP por "estar instalado no...

O goberno provincial de Lugo critica o PP por “estar instalado no ataque”

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Javier Castiñeira, cualificou no seu balance de "sectario e caro" o goberno bipartito de nacionalistas e socialistas no Pazo de San Marcos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do goberno da Deputación de Lugo, a socialista Pilar García Porto, cualificou de “inútil” a oposición do PP ao goberno provincial tras a valoración dos populares no ecuador do mandato de José Tomé á fronte da institución provincial. O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Javier Castiñeira, cualificou no seu balance de “sectario e caro” o goberno bipartito de nacionalistas e socialistas no Pazo de San Marcos.

Fronte a iso, a portavoz socialista, reprochou ao portavoz Javier Castiñeira “estar instalado no ataque, a crítica sistemática, sen ningún tipo de proposta para a provincia, e o que é peor sen ningún tipo de compromiso para con Lugo”. “O señor Castiñeira e o resto de representantes do PP algún peso específico terán na súa organización política para reivindicar aquelas cuestións que son imprescindibles para a provincia de Lugo e con todo non o fan”, afeou respecto do “silencio” dos populares con respecto á Xunta.

Para Porto, o PP “está instalado en buscar o desgaste do goberno desta institución e fan un papel de oposición autenticamente inútil para os veciños da provincia porque non achegan nada”, e “con isto o que conseguen é quedar nun papel practicamente irrelevante porque a súa achega ao futuro desta provincia é nulo”, abundou.

A portavoz do goberno provincial tamén aproveitou para describir a Castiñeira como “un perseguidor de titulares, pero moi indocumentado e ademais interesado de parte”. “Se Castiñeira fixese o seu traballo podería comprobar nas actas das xuntas de goberno os investimentos que veñen realizando”, sentenciou Porto, quen cifrou en oito millóns de euros as partidas asignadas en distintas actuacións nas dúas últimas semanas tras as reunións do goberno provincial.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...