InicioLugo e contornaLugo mantén a covid a raia en plena repunta a nivel galego

Lugo mantén a covid a raia en plena repunta a nivel galego

Os casos activos soben en catro até os 193 mentres as hospitalizacións quedan estables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia por sexta xornada consecutiva e sitúanse en 1.579, mentres que os novos contaxios mantéñense por encima dos 120, con 121, e continúan 52 pacientes hospitalizados debido a este coronavirus.

Segundo os datos publicados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, descenden a 12 as persoas ingresadas en UCI pola Covid –dúas menos– e aumentan a 40 as que permanecen noutras unidades –dúas máis–. Pola súa banda, 1.527 pacientes están en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Ourense e na de Pontevedra e O Salnés; aumenta nas da Coruña e Cee e Vigo; e mantense nas de Santiago e Barbanza, Ferrol e Lugo. A área lucense continñua así con dúas persoas en UCI e dúas en unidades convencionais; cifras de maior gravidade que as rexistradas no caso compostelán –un e un–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid por sexta xornada consecutiva aumentan e sitúanse en 1.579 en Galicia, 72 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (121) que altas (48), ao que se suma un falecido. Por tanto, sitúanse en niveis da segunda quincena de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas soben nas sete: Vigo (+37), Pontevedra e O Salnés (+12), A Coruña e Cee (+8), Ourense (+5), Santiago e Barbanza (+5), Lugo (+4) e Ferrol (+1). Como resultado, a área Lucense queda con 193 casos activos despois de rexistrar un total de 10 nas últimas horas. 

En canto á taxa de positividade das PCR a nivel galego, mantense nun 3,28% tras iniciar a semana nun 3,5%, despois de reducirse ao 2,7% o pasado domingo. O venres 25 de xuño excedeu a barreira do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, umbra que non se superou desde o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia no conxunto da Comunidade galega ascenden a 2.436 ao notificar Sanidade un óbito este luns tras tres xornadas sen vítimas. En concreto, este falecemento correspondeu a un home de 47 anos que se atopaba hospitalizado na Coruña. A morte deste home, que permanecía ingresado no Chuac e tiña patoloxías previas, foi notificada na tarde deste luns, aínda que se produciu na xornada do domingo 27.

Pola súa banda, 125.486 pacientes curáronse deste coronavirus en toda Galicia, que representan 48 persoas máis que as rexistradas ata a xornada pasada.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...