InicioLugo e contornaLugo sobe en contaxios pero mellora a situación hospitalaria tras tres novas...

Lugo sobe en contaxios pero mellora a situación hospitalaria tras tres novas altas

En total rexistra 173 positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 veñen de repuntar a 120 en Galicia, tras manterse por baixo do centenar desde hai días; os casos activos subiron a 1.305 e a taxa de positividade incrementouse ata o 2,79%. Por contra, a presión hospitalaria alíviase ao descender a 45 os pacientes hospitalizados por este coronavirus, que supoñen catro menos.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 12 as persoas ingresadas pola Covid en UCIno conxunto Galicia –unha menos– e baixan a 33 as que permanecen noutras unidades de hospitalización –tres menos–. Polo seu lado, hai 1.260 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas da Coruña e Cee e Ourense; mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza; e alíviase nas de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra e O Salnés. Así, no caso de Lugo hai un en críticos –sen cambios– e dous noutras unidades –dous menos–. A conta é distinta nos casos, que a nivel galego soben a 1.305 –36 máis que a xornada pasada– e en Lugo chegan aos 173 tras escalar 9. Todo tras rexistrar 13 contaxios nas últimas 24 horas, por diante da área Santiaguesa pero por detrás de Vigo, Pontevedra ou A Coruña.

Pola súa banda, a nivel galego a taxa de positividade repuntou por enriba do dous por cento ata o 2’79%, tras situarse nun 1,6% o día pasado, tras situarse nun 1,76% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,8%. No entanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...