InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo repartirá 17.000 descontos co Bono Impulso

A Deputación de Lugo repartirá 17.000 descontos co Bono Impulso

Dende a apertura do prazo a pasada semana para solicitar o Bono Impulso, xa se rexistraron unhas 3.000 solicitudes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Uns 3.000 veciños e veciñas da provincia xa solicitaron o Bono Impulso, unha iniciativa da Deputación de Lugo coa que a institución repartirá 17.000 descontos para compras en comercios, negocios de hostalaría e servizos na provincia. Con estes bonos a Deputación pretende mobilizar máis de 1,5 millóns de euros nos sectores máis afectados pola crise sanitaria.

Os bonos, que se poden solicitar ata o día 21 de xuño, poderán ultizarse nuns 700 comercios adheridos, cuxa listaxe está publicada na web da Deputación. Consisten en descontos nominativos, é dicir, levarán nome e apelidos de cada persoa, de 30€ para compras dun mínimo de 60€. 

Todos o maiores de 18 anos empadroados na provincia poden solicitar o desconto a través da páxina web da Deputación ou presentando a documentación necesaria nas oficinas de Rexistro. Os bonos repartiranse de maneira equitativa seguindo criterios de poboación, condición dos solicitantes e por orde de presentación de solicitude.

De non esgotarse todos os bonos na primeira fase de solicitude, a Deputación de Lugo habilitará novos prazos e realizará sorteos entre aqueles cidadáns interesados en participar no programa.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...