InicioLugo e contornaLugoO hospital de Lugo culmina unha investigación pioneira contra o cancro de...

O hospital de Lugo culmina unha investigación pioneira contra o cancro de pulmón

Podería axudar a impedir que a enfermidade apareza unha vez se aplicou cirurxía e quimioterapia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O hospital Lucus Augusti de Lugo vén de participar, xunto co Centro Oncolóxico de Galicia e outros 22 centros hospitalarios do Estado nunha investigación pioneira sobre o cancro de pulmón e que podería facer avanzar o coñecemento sobre unha das enfermidades máis letais ata o momento.

As conclusións do estudo veñen de ser presentadas na Reunión Anual da Asociación Americana de Oncoloxía Médica. En conxunto, a investigación sería a primeira de cantas foron desenvoltos en dar indicios dunha maior esperanza de vida para persoas con este tipo de patoloxía cando se combina a quimioterapia trala cirurxía cun tratamento de inmunoterapia.

Segundo apuntan dende a farmacéutica Roche, tamén implicada no estudo, a investigación tería dado como resultado esa inmunoterapia que, en palabras da mesma fontes, “mellorou a supervivencia libre de enfermidade en máis dun terzo dos pacientes con cancro de pulmón” nas etapas iniciais da enfermidade. “É a primeira e única inmunoterapia que mostra resultados positivos” neste aspecto, aseguran dende a compañía.

O interese desta clase de tratamento inmunoterapéutico estaría, precisamente, en que podería axudar a impedir o rexurdimento da enfermidade unha vez os tumores foron extirpados mediante intervención cirúrxica e, máis adiante, tratados con quimioterapia. Por iso podería tratarse dun estudo pioneiro, en tanto que permitiría aumentar a esperanza de vida dos afectados cunha das patoloxías máis mortais que se coñecen.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...