InicioLugo e contornaLugo estrea novo modelo de transporte urbano público e peonalización na Rolda...

Lugo estrea novo modelo de transporte urbano público e peonalización na Rolda da Muralla

O novo modelo vén acompañado do proceso para peonalizar parte da contorna da Muralla, na zona da Mosqueira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo estrea este martes novo modelo de transporte urbano público, ao mesmo tempo que se procedeu ao corte do tráfico na Rolda da Muralla que dá o pistoletazo de saída á peonalización da Mosqueira. O cinco concelleiros do BNG no concello de Lugo, encabezados polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, participaron da presentación destas actuacións na nova dársena da Praza de Bretaña.

Arroxo cualificou de “día histórico” este martes, posto que, ao seu xuízo, danse “dous pasos importantísimos para Lugo”: o corte do tráfico na Mosqueira, o punto “máis simbólico” da Muralla, e o impulso a un cambio na concepción do transporte urbano. “Cambiamos o concepto de cidade, empezamos a apostar porque a nosa muralla sexa un espazo no que potenciar o noso patrimonio e sobre todo protexer”, destacou.

Á súa vez, o concelleiro nacionalista sostivo que os cambios penetran a Lugo “nunha era moderna” porque “se trata dun transporte público pensado para o século XXI, con frecuencias curtas onde cun só transbordo e esperando pouco pódese chegar a calquera punto da cidade, algo que antes non era posible”. Rubén Arroxo puntualizou que “a práctica totalidade dos barrios da cidade están conectados co HULA, a maiores de que todos estarán conectados co centro da cidade, con frecuencias como moito de media hora”.

En canto á Mosqueira, o número ‘dous’ do goberno local recoñeceu que a súa peonalización pode ser o primeiro paso para proceder a retirar todo o tráfico rodado da Rolda da Muralla. “Creo que unha vez que vexamos a obra concluída, ímonos dar conta, como sociedade, da importancia de ter a Rolda da Muralla totalmente peonalizada”, aseverou Arroxo. As obras da Mosqueira teñen un prazo de execución de oito meses, aínda que o executivo local confía en que estean rematadas antes de que conclúa o ano.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...