InicioPolíticaPablo Montesinos denuncia en Lugo que Sánchez "ten abandonada" Galicia

Pablo Montesinos denuncia en Lugo que Sánchez “ten abandonada” Galicia

Elena Candia, tamén acusou a Sánchez de "agraviar" á provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicesecretario de comunicación do Partido Popular, Pablo Montesinos, acusou este xoves en Lugo ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, de “abandonar e castigar” a Galicia e puxo como exemplo diso os 204 millóns que o Executivo estatal debe á Comunidade correspondentes ao IVE de 2017.

“Galicia é unha autonomía abandonada polo Goberno de Pedro Sánchez, castigada polo presidente do Goberno e o mellor exemplo, e hai uns cantos, é que aínda non se lle devolveron os 204 millóns que o Executivo central debe a Galicia pola liquidación do IVE de 2017, un diñeiro que non é de Pedro Sánchez é un diñeiro de todos os galegos”, proclamou.

Tras manter un encontro con representantes veciñais na sede do partido e acompañado de cargos do PP de Lugo, como o portavoz adxunto no Senado José Manuel Barreiro ou a presidenta provincial Elena Candia, Montesinos enumerou outros agravios.

Así, asegurou que Galicia “sempre sae prexudicada” na “repartición dos fondos europeos”, deducindo que iso se debe a que o PP gaña por maioría absoluta na comunidade e polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Dito isto o xornalista almeriense pediu ao goberno “equilibrio e equidade na repartición dos fondos europeos”. “Que bo sería que Pedro Sánchez collese a man tendida de Pablo Casado para a creación dun ente independente na repartición dos fondos europeos”, sinalou.

MIR

Na súa intervención, Montesinos tamén lembrou que “Galicia leva máis dun ano reclamando ao Goberno central a convocatoria urxente e extraordinaria do MIR para cubrir o déficit de médicos nesta comunidade autónoma”. “Pedro Sánchez segue sendo o presidente para esta comunidade autónoma do non é non”, afeou.

Tamén se referiu á necesidade de que non saia adiante a inclusión do lobo na lista de animais “de protección especial”, nunha comunidade na que conviven o 95 por cento destas alimañas do conxunto de España.

Previamente, a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, tamén acusou a Sánchez de “agraviar” á provincia, e referiuse a que os populares non están “dispostos a renunciar ás variantes para ter a Alta Velocidade”.

Ademais, criticou que na Axenda 2050 se recomende “cambiar os hábitos de consumo e comer menos carne”, unha proposta que “prexudica” á provincia de Lugo. “Hai moitas gandarías de carne que escoitaron con preocupación e rexeitamento esas manifestacións”, sostivo.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...