InicioLugo e contornaLugo baixa dos 200 casos activos pero crece lixeramente en hospitalizados

Lugo baixa dos 200 casos activos pero crece lixeramente en hospitalizados

Suma unha cama ocupada máis, que eleva a 12 o total; cunha persoa en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia alcanza o ecuador da semana cunha repunta dos novos contaxios de Covid-19 a 130 tras caer por baixo do centenar a xornada anterior, mentres que os casos activos deste coronavirus redúcense a 2.498 e os pacientes ingresados caen a 138. Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, nos que se sinala que seguen 31 pacientes Covid ingresados en UCI na Comunidade galega e descenden a 107 os hospitalizados noutras unidades –dous menos–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese nas da Coruña e Cee e Vigo; mantense nas de Ourense, Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza, mentres que aumenta lixeiramente nas de Lugo e Ferrol. Na de Lugo continúa un ingresado en UCI e aumentan a 11 os doutras unidades –un máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 en Galicia seguen coa tendencia descendente por cuarta xornada consecutiva e baixan a 2.498, que implican 55 menos que o día pasado, ao haber máis altas (184) que contaxios (130), ao que se suma unha persoa falecida. No caso lucense sitúanse en 197, 9 menos que na xornada anterior e só por riba de Ferrol. Nas últimas 24 horas, a área lucense rexistrou un total de 9 contaxios novos confirmados por PCR. 

PCR E POSITIVIDADE

Galicia levou a cabo ata o momento 2.223.732 PCR desde o inicio da pandemia, 6.218 máis que as contabilizadas ata o día anterior e case 1.500 máis que as feitas a xornada pasada. En canto á taxa de positividade, mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana a pesar de ascender ao 1,65%, tras situarse nun 1,39% a xornada anterior despois de reducirse ao 1,26% no inicio da semana. Por tanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...