O CEIP Illa Verde de Lugo iniciará o curso cun patio renovado

O Concello de Lugo pavimentará e acometerá un novo peche no patio do colexio público Illa Verde, nivelando e asegurando unha superficie de 180 metros cadrados

Vista aérea do CEIP Illa Verde | ANPA
Vista aérea do CEIP Illa Verde | ANPA

Antes de que comece o novo curso escolar, o CEIP Illa Verde de Lugo contará cun patio renovado. O goberno local acometerá obras por valor de 12.000 euros para nivelar e pavimentar a zona de lecer do colexio, que contará con novo peche.

A execución desta intervención iniciarase a semana vindeira e ten de prazo estimado un mes de traballos. Deste xeito, a dotación non interferirá co comezo das clases no Illa Verde, que conta con 450 alumnos, e estará dispoñible coincidindo co curso escolar 18/19.

Como explicou o concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, as obras consistirán na pavimentación na zona do patio, que se atopa en desnivel e en terra, o que supón un risco para as cativas.

Así, os operarios realizarán a excavación de terras para o posterior saneo e nivelación, compactando un chan de 180 metros cadrados. A continuación, executarase un pavimento de formigón e o estendido de cascallo.

O proxecto contempla asemade a reconstrucción do perímetro, cun muro de formigón armado e un peche con malla.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here