InicioSociedadeMedran os hospitalizados con covid en Lugo mentres descenden os casos activos

Medran os hospitalizados con covid en Lugo mentres descenden os casos activos

Nas últimas 24 hroas detectáronse só 6 novos positivos en toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia volveu a subir lixeiramente ata o total de 213 ingresados, tres máis que hai un día. Isto prodúcese polo incremento dos pacientes covid en unidades de coidados intensivos (UCI), que ascenderon ata os 34 –catro máis–, aínda que baixaron lixeiramente os que se atopan en planta, ata o 179 –un menos–.

Esta situación dos centros sanitarios contrasta con outros parámetros como os casos activos da enfermidade, que continúan á baixa e sitúanse nos 2.167, de acordo cos datos que ofrece este domingo a Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas do sábado. Mentres tanto, os novos contaxios detectados por calquera tipo de proba en 24 horas descenderon ata os 92, unha quincena menos que o día previo.

Na xornada de onte, o Servizo Galego de Saúde realizou 3.287 probas diagnósticas; cifra superior á do pasado sábado pero que segue quedando moi por detrás das do resto da semana. Con estes datos, a taxa de positividade dos tests realizados sitúase no 2’3%, dentro do limiar de seguridade da OMS. 

DATOS DE LUGO

No que respecta á presión hospitalaria, tres áreas sanitarias experimentaron un lixeiro repunte. Entre elas está a de en Lugo-A Mariña-Monforte, con 10 enfermos en unidades convencionais –dúas máis– e tres en críticos –un máis–. Con todo, a provincia ten este domingo 5 casos activos menos que o pasado sábado: 134. Paradoxicamente, nas últimas 24 horas volveron aumentar os novos contaxios, que pasaron dos tres da xornada anterior a seis. A cifra, con todo, segue sendo moito menor á de outras áreas sanitarias galegas.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...