InicioPolíticaO alcalde de Castroverde acusa de "chafalleiro" ao conselleiro do Medio Rural...

O alcalde de Castroverde acusa de “chafalleiro” ao conselleiro do Medio Rural e pide a súa dimisión

José María Arias non descarta "levar aos tribunais" á Xunta se non permite a plantación de eucaliptos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, ameazou con “levar aos tribunais” ao conselleiro de Medio Rural, José González, e reclamou a súa “dimisión” por non permitir a plantación de eucaliptos neste municipio. Arias afirma que o goberno local defende a plantación “porque é tamén un medio de vida para calquera” e asegura que o Plan Xeral de Ordenación Municipal así o permite nalgunhas zonas.

O alcalde censurou a actitude da Xunta pero criticou especialmente ao conselleiro do ramo e ao propio Alberto Núñez Feijóo, por fomentar “desordenación do territorio no rural, no campo, no monte e no agro e suma e segue”. O rexedor criticou a González pola súa recente visita a Baralla e a dicir que fará “unha moratoria de dous meses para que todo o mundo ande co ‘sacho’ plantando eucaliptos onde non pode”. “Non pode ser é que haxa zonas masificadas cun 90 por cento de eucaliptos e agora veñan a Castroverde a prohibilos”, censurou.

Neste sentido apostou por pór “unha taxa en toda Galicia para protexer as carballeiras”, en lugar de anunciar que se denunciará cando se vexa a alguén plantar. “Isto é como o garda de tráfico que che di que se o vemos beber collémolo e se non non”. “Este é un político chafalleiro. Se vos vemos plantando temos que sancionarvos, vén dicir (José González) e se non non. Isto é unha broma”, lamentou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...